Edificio da Biblioteca-Museo do Concello de Ponteareas (r/Perillana, 9/11) - 36860

departamentocultura@ponteareas.es

986 661 674

Sobre nosotros

Desde o Concello de Ponteareas estamos a desenvolver un proxecto de recompilación, conservación e posta en valor do patrimonio fotográfico de contido histórico, relacionado con Ponteareas e coas súas parroquias.
Desta forma, ademais de protexermos o noso patrimonio facémolo accesible á cidadanía e aos ponteareáns con inquedanzas de facer memoria e aos que se atopen nas distintas partes do planeta.

A posta en valor do patrimonio fotográfico popular do Concello de Ponteareas é unha actuación pertencente a unha operación da EDUSI Hábitat Saudable, cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo Pluriregional de España FEDER (POPE), no obxectivo temático 09 (promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera xeito de discriminación), que busca beneficiar aos cidadáns a través da rexeneración social do seu entorno urbano.